Tuesday 07 de May de 2024

Reparación do pavimento da pista polideportiva na rúa Otero Pedraio


O goberno local levará a cabo nos próximos meses a reparación das pistas que se encontren en mal estado

As obras de reparación da pista polideportiva na rúa Otero Pedraio comezaron esta semana. Trátase, segundo o alcalde de Cambre, Manuel Rivas, de actuación necesaria debido ao mal estado no que se encontra o pavimento. A obra, cun custo de 17.640 euros, está sufraga en parte pola Deputación da Coruña cunha axuda de 5.960,39 euros. A actuación consiste en reparar o pavimento da pista polideportiva descuberta debido ao mal estado no que se encontra, co fin de que os veciños da parroquia do Tempero, dispoñan dunha área de xogo segura. A pista ten unhas dimensións aproximadas de 42 x 22 m2 e nela realizaranse traballos de limpeza previa da pista mediante varrido, aspirado e lavado con auga a presión para preparación do soporte e reparación dos ocos e desconchones existentes no pavimento con morteiro de cemento. O edil de Deportes, Fernando Caride, explicou que os veciños xa alertaron hai meses do estado do pavimento da pista, que poñía en perigo os usuarios. Ademais, insistiu en que o goberno local levará a cabo nos próximos meses a reparación das pistas que se encontren en mal estado, como é o caso do Tempero (A Ría) e Ramón Barba.